
Izan Server, gardameta do Celta Fortuna, foi convocado pola selección sub-20 do Canadá para disputar a fase final da Concacaf 2026, que se celebrará do 24 de xullo ao 9 de agosto en Puebla e Ciudad de México.
Canadá afronta a súa 26ª participación no campionato co obxectivo de conquistar o seu terceiro título rexional, o primeiro desde 1996. Ademais, o combinado norteamericano buscará selar a súa presenza na Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2027, á que aspira a clasificarse por novena vez. Mentres que a selección campioa logrará ademais a clasificación para os Xogos Olímpicos de Los Ángeles 2028, uníndose aos Estados Unidos como representante da confederación.
Esta convocatoria supón un novo recoñecemento ao traballo e a progresión de Izan Server, que continúa crecendo a Madroa tras ampliar a súa vinculación co Celta, e terá agora a oportunidade de defender a portería de Canadá nunha das competicións máis importantes do fútbol xuvenil internacional.
O Celta quere felicitar a Izan por esta convocatoria e desexarlle a maior das sortes neste importante reto co seu combinado nacional.