AS CELTAS Amistoso 02
Escolas

Escolas Celta 26/27: Novo equipo feminino federado

RC Celta
AS CELTAS Amistoso 02Dentro do organigrama deportivo das Escolas de Fútbol Celta, queremos dar un novo paso no desenvolvemento da nosa sección feminina. Hai dúas tempadas iniciamos os adestramentos específicos de Tecnificación, dirixidos a nenas federadas en distintos clubs que buscaban mellorar as súas habilidades técnicas a través da metodoloxía de A Canteira Celta. Un ano despois incorporamos o grupo de Aprendizaxe, pensado para nenas non federadas que desexaban iniciarse no fútbol da man do Celta.
Este grupo non só lles permitiu disputar os seus primeiros partidos amigables, senón que tamén supuxo un importante crecemento deportivo e persoal, consolidando o seu interese pola práctica do fútbol.

Este ano sentimos o compromiso de avanzar un pouco máis. Por unha banda, para ofrecer unha actividade máis completa a todas as nenas que xa forman parte da nosa estrutura; e por outra, para contribuír ao crecemento do fútbol feminino federado, en liña co traballo que vimos desenvolvendo co noso equipo de canteira As Celtas.

Por iso, de cara á tempada 26/27, queremos crear un equipo feminino federado de categoría infantil, no que poidan competir tanto nenas de categoría infantil como alevín.

Animamos a todas as nenas en idade alevín e infantil que gocen do fútbol, teñan ganas de aprender nun entorno axeitado e se sintan vinculadas ao Celta, a aproveitar esta oportunidade ilusionante para seguir dando pasos firmes no crecemento do fútbol feminino. Todas as nenas que estean interesadas poden consultar información detallada sobre nosas Escolas Celta 26/27 e realizar solicitude de inscrición no seguinte enlace.

Sempre Celta!
RC Celta

Etiquetas

Escolas

Noticias recomendadas