A presidenta do Celta, Marián Mouriño, compareceu este xoves no Salón Regio de A Sede para facer balance da tempada 25/26 e compartir a folla de ruta de cara a un ilusionante curso 26/27.
Durante a súa intervención, repasou a situación actual do club, destacando que non se pode deixar de “valorar estes 15 anos en Primeira”, sobre todo por estaren construídos a través dun modelo no que se segue “priorizando a canteira”. Posteriormente, respondeu ás preguntas dos medios de comunicación sobre fichaxes, obxectivos do equipo ou planificación deportiva, entre outras cuestións.
Dálle ao play e descubre todo o que comentou en rolda de prensa Marián Mouriño.