
O Celta incorpora a Abdoulaye Faye como a terceira fichaxe deste mercado de verán. O defensa central chega a Vigo en calidade de cedido polo
Bayer Leverkusen para reforzar a zaga celeste nunha tempada ilusionante.
O senegalés, de 21 anos e 1,91 metros de altura, formouse no Diambars FC antes de dar o salto ao fútbol europeo en 2023 para incorporarse ao BK Häcken sueco. Tras unha cesión no Örgryte IS, regresou ao conxunto sueco antes de fichar polo Bayer Leverkusen. A pasada tempada militou, tamén como cedido, no FC Lorient da Ligue 1, onde disputou 17 partidos de liga.
Faye destaca pola súa fortaleza defensiva, a súa capacidade para impoñerse no xogo aéreo e, especialmente, pola súa boa saída de balón e precisión no pase. Un perfil con gran proxección que encaixa á perfección na idea de xogo de Claudio Giráldez e que achegará xuventude, talento e recursos á defensa celeste.
O Celta dálle a benvida ao xogador e deséxalle moitos éxitos nesta nova etapa.
Benvido, Abdoulaye!