
Borja Iglesias sufriu unha molestia durante o adestramento de hoxe no sóleo esquerdo. Tras ser sometido a unha resonancia magnética no Hospital Ribera Povisa de Vigo, as probas confirmaron unha rotura miofascial nese músculo.
O xogador xa iniciou o correspondente tratamento de recuperación baixo a supervisión dos servizos médicos.
O período estimado de baixa sitúase en torno a dúas semanas.