16-9 (1)
A Canteira

Izan Server finaliza a súa etapa no Celta

RC Celta

O Celta e Izan Server alcanzaron un acordo para a rescisión do contrato que vinculaba o gardameta coa entidade celeste.

Izan Server, de 19 anos, chegou a Vigo o pasado verán procedente do Deportivo Alavés para continuar a súa formación na Canteira. Desde a súa chegada, o porteiro foi adquirindo protagonismo disputando un total de 31 partidos como titular e superando os 2.700 minutos baixo os paus do Xuvenil A.

Tan só unha campaña na Madroa pero que estivo marcada polos bos resultados do equipo co que se proclamou campión da División de Honra Xuvenil e alcanzou as semifinais da Copa do Rey e os cuartos de final da Copa de Campións.

Agora, o Celta quere agradecerlle o seu traballo e compromiso durante esta etapa no club e deséxalle moita sorte nos seus próximos retos profesionais.

Sorte, Izan!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas