WhatsApp Image 2026-10-01 at 10.45.14
Celtismo

Allariz Celeste celebra dez anos de celtismo

RC Celta

Allariz Celeste celebra dez anos de celtismo cunha xornada moi especial na súa sede, O Trasno. A peña ourensá conmemorou o seu décimo aniversario rodeada de familiares e amigos nun encontro que contou coa presenza de Hugo Álvarez, futbolista do primeiro equipo; Germain Milla, representante do Celta Fortuna; e Vlado Gudelj, en representación do club.

A celebración estivo marcada por un ambiente familiar, con pinchos, fotos, autógrafos e lembranzas do que foi unha década de historia dunha peña que conta actualmente con arredor de 60 membros de todas as idades.

O club quere felicitar a todos os integrantes de Allariz Celeste por estes dez anos de paixón e celtismo e agradecerlles o seu apoio e compromiso durante toda esta década.

Grazas e parabéns, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas