16-9-29
A Canteira

David Sueiro, convocado coa sub-17

RC Celta

David Sueiro foi convocado pola selección española sub-17 para disputar a Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa de 2027. O canteirán celeste forma parte da lista de 20 futbolistas citados polo seleccionador David Tenorio para esta primeira fase, que se celebrará entre os días 12 e 18 de outubro.

España debutará o día 12 ante Liechtenstein, enfrontarase o 15 a Israel e pechará a súa participación o día 18 fronte a Suíza. Os dous primeiros clasificados do grupo lograrán o pase á seguinte fase do torneo.

Sueiro suma así unha nova experiencia internacional despois de defender xa a camisola de España coas categorías sub-15 e sub-16. Unha convocatoria que chega ademais nun momento especial para o canteirán, que recentemente debutou co Celta Fortuna en Segunda División e continúa dando pasos adiante na súa formación.

Parabéns, David!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Novas canteira

Noticias recomendadas