
O Celta e Scientiffic Nutrition prolongan o seu acordo de colaboración para a tempada 2026/27, dando continuidade a unha alianza que permitirá á compañía seguir acompañando o primeiro equipo celeste como provedor oficial de nutrición deportiva.
A renovación reforza o compromiso de ambas as entidades co coidado e o rendemento dos futbolistas, nunha tempada especialmente esixente para o conxunto vigués, que afrontará un calendario de máxima intensidade e volverá competir no escenario europeo.
Scientiffic Nutrition é unha marca especializada en nutrición deportiva que destaca pola súa aposta pola innovación, a calidade das súas formulacións e a selección de materias primas de primeiro nivel. A súa experiencia permitirá ao Celta seguir contando con solucións adaptadas ás distintas necesidades dos xogadores ao longo da tempada.
Nun curso marcado pola esixencia competitiva, a preparación física, a alimentación, a hidratación e a recuperación adquiren un papel fundamental. O traballo conxunto entre os servizos médicos e de rendemento do club e Scientiffic Nutrition permitirá continuar coidando cada detalle para acompañar os futbolistas durante os adestramentos, os partidos e os procesos de recuperación.
Coa renovación do acordo, o Celta seguirá confiando en Scientiffic Nutrition para acompañar as necesidades de nutrición deportiva do seu primeiro equipo durante unha tempada na que o rendemento e a recuperación volverán ser elementos esenciais para afrontar coas máximas garantías cada reto competitivo.