Embruxo post-08
Celtismo

Baiuca encherá de maxia Abanca Balaídos nunha noite para embruxar Europa

RC Celta

Hai noites nas que Balaídos ten algo especial. Noites nas que o fútbol nos fai soñar co imposible, nas que o celtismo fascina Europa e nas que todo parece estar un pouco máis preto. En definitiva, hai noites nas que o Celta embruxa aos seus medos para soñar con conquistar Europa sendo fieis ao que somos e ao que nos fai únicos.

Nesta liña, na previa do partido da UEFA Europa League ante a Juventus, Baiuca encherá de maxia Abanca Balaídos nunha noite que promete mesturar música, tradición e celtismo baixo o lema “Noites de Europa, noites de embruxo”.

Entre meigas, trasnos e lendas que pasan de xeración en xeración, o músico galego mesturará a tradición galega cos sons electrónicos para darlle unha nova vida ao que sempre estivo aquí. Posuídos polo son do Celta e a nosa cultura, os pequenos diaños xoguetóns deste universo cobrarán vida para bailar en Abanca Balaídos, nunha noite na que o imaxinario popular galego se mesturará coa paixón celeste.

Dúas maneiras de demostrar que as nosas raíces non teñen fronteiras e que, con elas por bandeira, non hai medos insuperables nen soños imposibles.

Unha previa chea de música pero, sobre todo, una noite chea de maxia.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo O Club

Noticias recomendadas