
A canteira do Celta volve ter presenza no panorama internacional. Isaías Abuabara e Mateo Sobral recibiron a chamada das súas respectivas seleccións nacionais para participar en dúas importantes citas da categoría Sub-17.
O porteiro panameño Isaías Abuabara, de 15 anos e pertencente á xeración de 2010, foi seleccionado por Panamá para disputar o PreMundial Sub-17 da Concacaf. O novo gardameta, que continúa a súa formación nas categorías inferiores do Celta, terá así unha nova oportunidade de defender as cores do seu país e loitar por unha praza no próximo Mundial da categoría.
Pola súa banda, Mateo Sobral formará parte da selección española que competirá no Mundial Sub-17 de Qatar, que se celebrará do 19 de novembro ao 13 de decembro. O centrocampista, natural de Soutomaior e xogador do Xuvenil A, tamén está a participar na dinámica do Celta Fortuna, co que xa disputou sete encontros esta tempada.
Dúas convocatorias que supoñen un novo recoñecemento ao traballo de formación do club e que permiten a ambos os futbolistas seguir medrando e acumulando experiencias no ámbito internacional.
Parabéns, canteiráns!