Hemeroteca celtismo

Os abonados disporán de entradas a metade de prezo para o Celta-Rayo

RC Celta

f11

O papel da afección será determinante para lograr o obxectivo: #Xuntosconseguirémolo

 

Nove partidos e un obxectivo común: A salvación. O papel da afección será determinante e por iso, para o partido deste domingo ante o Raio Vallecano, o Real Club Celta lanza unha iniciativa para os seus abonados, cuxo comportamento e apoio están a ser exemplares. Cada abonado poderá adquirir entradas para acompañantes a metade do prezo habitual: Tribuna por 20 euros e Río Alto e Baixo por 15.

 

O Celta afronta a recta final do campionato co obxectivo da salvación ao alcance da man. Só hai un camiño posible cara á permanencia, o da unión. O papel da afección no cinco partidos que restan en Balaídos será fundamental.

 

Para que o estadio presente un gran ambiente e o equipo estea o máis arroupado posible, o club lanza unha iniciativa para os seus abonados, cuxo apoio nos últimos anos foi exemplar. Cada abonado poderá adquirir as entradas que desexe para acompañantes por 20 euros para a Bancada de Tribuna e 15 para as de Río Alto e Baixo, as únicas con asentos dispoñibles. Para Sub-23, o prezo das entradas para abonados estarán a 10 euros.

 

O prezo para o público en xeral mantense: 40 euros para Tribuna e 30 para as bancadas de Río.

 

As entradas, tanto para abonados como para o público en xeral, poden adquirirse desde este martes até o venres na oficina de abonados, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e nos despachos de billetes do estadio o sábado 6 de abril de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas ou o mesmo día do partido, desde as 10:00 até o inicio do encontro. As entradas para o público tamén estarán dispoñibles a través dos despachos de billetes online as 24 horas do día: www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

entradas_celta-rayo_galego.jpg

 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas