A primeira e a segunda camiseta, deseñadas por Adidas, estarán á venda a un prezo de 65€
A tenda oficial do Real Club Celta, situada no estadio de Balaídos, reabrirá as súas portas este martes 2 de xullo coa primeira e segunda camiseta Adidas 2013/2014 á venda. O prezo de ambas pezas é de 65€ para o público en xeral, mentres que os abonados do club gozarán do habitual desconto do 10 por cento.
O establecemento céltico, que foi acondicionado de acordo á imaxe de Adidas, terá tamén na súa expositores roupa de colección da firma alemá.
O horario da tenda do Celta será o habitual no mes de xullo, de luns a sábado de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.