Hemeroteca celtismo

Presentación do plantel e debut en Balaídos ante o Southampton

RC Celta

Celta-Southampton_ilustracion.jpg

Os abonados poden acceder ao estadio co carné da tempada 2013/2014 

O Celta de Vigo da tempada 2013/2014 estréase en Balaídos mañá sábado con motivo do XVIII Trofeo Memorial Quinocho, un encontro moi especial para todos os celtistas no que o conxunto vigués medirase ao Southampton FC da Premier League inglesa.

 

O club aproveitará esta cita para realizar a presentación oficial do primeiro equipo, a partir das 19:00 horas. Os xogadores e o corpo técnico desfilarán sobre o céspede de Balaídos e dedicarán unhas palabras aos afeccionados. Será unha gran ocasión para coñecer ás novas incorporacións e comezar a gozar do proxecto céltico para a nova campaña. O club pide a participación da afección para corear o nome dos futbolistas durante a presentación.

 

Os abonados poderán asistir co seu carné da tempada 2013/2014, mentres que o público en xeral pode adquirir as entradas nos despachos de billetes do estadio con horario de 10.00 a 14.00 horas e de 17:00 a inicio do choque.

 

Antes do inicio do encontro gardarase un minuto de silencio na memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario de Santiago de Compostela. Os actos programados para conmemorar o 90 aniversario do club terán lugar o luns 19 de agosto, coincidindo coa primeira xornada de Liga na que o Celta recibe ao Espanyol.

 

Compra as túas entradas aquí.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas