O filial céltico comezará a tempada en terras rioxanas ante a UD Logroñés, o 25 de agosto
O Celta B e os equipos galegos de Segunda División B xogarán esta tempada no Grupo I da categoría, xunto a asturianos, castelán-leoneses, cántabros e rioxanos. O adestrador do filial céltico, David de Dios, considera que esta configuración “é boa para os conxuntos galegos de entre as opcións que se barallaban. Evitar equipos filiais e desprazamentos que poden ser incómodos, como Madrid ou Canarias, é positivo”.
O técnico vigués augura “unha tempada moi igualada. Hai que ver como responden clubs a priori potentes pola súa masa social, pero creo que vai haber moitos equipos metidos na loita pola permanencia”.
O grupo no que competirá o filial celeste quedaría configurado da seguinte forma:
Galicia: Celta B, Racing de Ferrol, Compostela, Ourense e Coruxo.
Asturias: Oviedo, Sporting B, Avilés, Marino de Luanco e Caudal Deportivo.
Castillla-León: Burgos, Cultural Leonesa, Guijuelo, Zamora e Salamanca Athletic.
Cantabria: Racing de Santander, Tropezón e Noja.
La Rioja: SD Logroñés e UD Logroñés.
Os celestes comezarán a tempada lonxe de Vigo, en terras rioxanas, onde mediranse á UD Logroñés o 25 de agosto. O primeiro partido en Barreiro disputarase na xornada 2, o 1 de septembro, ante o CD Ourense.
Calendario completo aquí.
Fotografía: Marta Grande