Hemeroteca celtismo

A bancada de Preferencia achégase ao cheo para o partido ante o FC Barcelona

RC Celta

ORE_CEL-BAR_12-13.jpg

As entradas poden adquirirse na oficina de abonados e no despacho de billetes virtual

 

A venda de entradas para o partido RC Celta-FC Barcelona avanza a un bo ritmo. Bancadas como a de Preferencia contan con tan só un centenar de entradas dispoñibles para encher o seu aforamento, cando aínda resta un mes para a disputa deste encontro. Este atractivo envite, correspondente á undécima xornada de Liga, disputarase en torno ao mércores 30 de outubro, no Estadio de Balaídos (data definitiva pendente de confirmación da LFP).

 

O importe dos billetes para esta emocionante cita ante o vixente campión ligueiro oscila entre os 60 euros de Marcador e os 95 de Tribuna, uns prezos que non sofren variacións respecto da última visita do conxunto culé ao estadio celeste. Os abonados do club que renovaron ou se deron de alta despois do 19 de xullo deberán retirar para este partido un suplemento de 20 euros para a categoría Adulto e de 10 para o resto de categorías, mentres quen xestionaron o seu carné antes de dita data poderán acceder ao estadio sen custo extra.

 

 

ENTRADAS

SUPLEMENTO

ADULTO

SUB 24

ADULTO

SUB24

TRIBUNA

95

NON DISPOÑIBLE

 

20

 

10

RÍO ALTO

80

65

RÍO BAIXO

80

65

GOL

60

45

PREFERENCIA

60

45

MARCADOR

60

45

FONDO

NON DISPOÑIBLE

NON DISPOÑIBLE

 

Os afeccionados e abonados poden adquirir entradas e suplementos na oficina de abonados de luns a venres, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Ademais os billetes xa poden adquirirse a través do despacho de billetes virtual, dispoñible as 24 horas os sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

Por outra banda, os despachos de billetes do estadio despacharán mañá sábado entradas para o partido ante o Elche (domingo, 17h) en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentras que o domingo atenderán aos afeccionados desde as 10 ata o inicio do partido en horario ininterrumpido. O prezo dos billetes, que tamén poden adquirirse en www.celtavigo.org/taquillaCelta, oscila entre 25 e 50 euros en categoría adulto e entre 15 e 25 euros en categoría Sub-24.

 

 

ENTRADAS

ADULTO

SUB 24

TRIBUNA

50

NON DISPOÑIBLE

RÍO ALTO

40

25

RÍO BAIXO

40

25

PREFERENCIA

35

15

GOL

25

15

MARCADOR

25

15

FONDO

NON DISPOÑIBLE

NON DISPOÑIBLE 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas