Hemeroteca canteira

O portugués Joao Alves, novo internacional na canteira do Celta

RC Celta

muralcanteira2013.jpg

O novo dianteiro do Cadete B estréase nunha convocatoria internacional

 

A canteira do Celta traspasa fronteiras. A Federación Portuguesa de Fútbol comunicou hoxe a convocatoria do canteirán celeste Joao Alves, para participar en adestramentos oficiais da Selección de Portugal Sub-15.

 

Joao Francisco Veada Cunha Alves (05/05/1999, Vilanova de Cerveira) chegou ás categorías inferiores célticas a pasada tempada, cando se incorporou ao Infantil A. O mozo atacante, que destaca pola súa polivalencia e un gran olfato goleador, milita actualmente no Cadete B.

 

Con esta convocatoria o canteirán estréase nunha lista da selección lusa, coa que se concentrará os días 19 e 20 de decembro na localidade portuguesa de Río Maior. A factoría da Madroa continúa sendo foco de atención para os seleccionadores nacionais, xa non só das categorías inferiores españolas, síntoma da confianza que esperta o proxecto de canteira do club entre os profesionais do fútbol.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas