Un gol de Aitor sobre a bucina deu o triunfo aos canteiráns celestes no campo da SD Noja(1-2)
O Celta B venceu ‘in extremis’ no campo do pechacancelas, a SD Noja. Tras catro partidos sen coñecer o triunfo, os de De Dios armáronse de coraxe para conseguir tres puntos moi valiosos. Os locais estrearon o marcador no minuto 36 desde o punto de penalti, un xerro de auga fría para os celestes, que non tardaron en sobreporse para pór de novo as táboas no marcador pouco antes do descanso, por medio do dianteiro Borja Iglesias.
Tras o intermedio o filial céltico gozou dun par de boas ocasións que non se materializaron, mentres que o Noja destapouse como un rival moito máis sólido e complicado do que cabería esperar pola súa posición na táboa clasificatoria. O cadro cántabro non se resentiu nin coa expulsión dun dos seus homes, Ortiz, que no minuto 73 foi amoestado co segundo cartón amarelo. Cando parecía que o encontro finalizaría con reparto de puntos, apareceu o celeste Aitor para dar a vitoria aos canteiráns celestes prácticamente sobre a bucina.
FICHA TÉCNICA
1-Noja: Rafa, Owona, Badía, Bustillo, Rubén, Nenu (Robert, min.64), Abel, Riki, Ortiz, Xavi Moré (David, min.85) e Iñaki
2-Celta B: Rubén, Soto, Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez (Borja Fernández, min.62), Javi Rey, Yelko, Añón (Fernán, min.65), Aitor e Borja Iglesias (Thaylor, min.62)
Goles: Nacho Rodríguez, 1-0 (min.36, pen.); Borja Iglesias, 1-1 (min.41); Aitor, 1-2 (min.89)
Árbitro: Leo Ollo, do comité navarro. Amonestou a Riki, Gregorio, Abel e Badía polo Noja e a Goldar, Thaylor, Antón e Aitor polo Celta B. Expulsou con dobre amarela ao local Ortiz (min.73)
Campo: La Caseta