Hemeroteca club

O RC Celta participa no II Carrusel Benéfico #CreemosEnEllas

RC Celta

ii_carrusel_benefico_selmark.jpg

O Celta Selmark de Baloncesto organiza este luns 30 un gran acto cargado de actividades

O Celta Selmark de Baloncesto, en colaboración con varios patrocinadores, colectivos e entidades como o Real Club Celta, organiza o vindeiro luns 30 de decembro o II Carrusel Benéfico “Creemos en ellas”. Cun marcado carácter lúdico, o acto final será un atractivo partido de baloncesto coa participación de futbolistas do primeiro equipo do Real Club Celta e o equipo senior do Celta Selmark Baloncesto.

 

Antes deste partido tamén poderá gozarse dunha serie de actos deportivos como un Torneo Baby Basket, un partido de baloncesto que enfrontará a xornalistas e artistas da cidade con técnicos do Celta Selmark e do Real Club Celta, así como exhibicións de ximnasia rítmica e patinaxe e unha homenaxe á muller deportista.

 

Ademais, a ocasión tamén servirá para realizar unha recollida solidaria de alimentos, a cargo da Asociación de Voluntarios de ‘a Caixa’, que irá destinado a colectivos e familias desfavorecidas da cidade de Vigo.

 

www.celtabaloncesto.com

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas