Hemeroteca club

Doce horas (e 90 anos) de celtismo en Balaídos: ¡Grazas afección!

RC Celta

nota_aficion_web_12514.jpg

O club quere agradecer aos afeccionados o seu apoio esta tempada co gran colofón da xornada festiva do domingo

 

A resposta, comportamento e alento do celtismo na festa do 90 aniversario do club e no último partido da tempada en Balaídos foron, como no resto deste ano inesquecible, espléndidos e modélicos. O Real Club Celta quere expresar o seu máis sincero agradecimiento á afección celeste polo seu apoio ao equipo durante a tempada, cun colofón espectacular na xornada deste pasado domingo.

 

Desde mediodía ata medianoche, doce horas de celtismo puro nunha xornada especial polo peche dos actos do 90 Aniversario e a despedida da tempada en Balaídos. A afección celeste demostrou unha vez máis que a súa paixón polo Celta non ten límites, que o sentimento celtista converte os momentos de sufrimento e dificultade en inmensas oleadas de apoio e os de éxito e celebración en indescriptible felicidade, sempre cun denominador común: a unión.

 

DJ Charlie acendeu a chama antes de dar paso a A Roda e estes a The Hendersons, Broken Peach e Los Cacikes para que Miguel Costas e a súa banda elevasen máis os ánimos antes do partido e Panorama multiplicase a felicidade despois. Música, actividades e atraccións nun  Balaídos plagado de celtistas de todas as idades, desde aqueles recentemente bautizados ata os que, curtidos, gozan simplemente vendo gozar aos que chegan.

 

Houbo hinchables e actividades para os nenos, actuacións, gastronomía e música para todos e moito fútbol no céspede, cunha gran vitoria ante o Real Madrid que colocou ao Celta na oitava posición da táboa. Houbo repaso a 90 anos de historia nos videomarcadores, co equipo protagonista da última páxina atento sobre o campo, e espectáculo pirotécnico. Houbo, sencillamente, celtismo. 

 

A xornada deixou imaxes e sons espectaculares, algúns deles identificativos de Balaídos e da súa afección: o himno a capella, o mosaico, o bufandeo, a Rianxeira e dúas palabras cheas de significado nunha pancarta na grada de Marcador: Grazas equipo. Faltan outras dúas: Grazas afección.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas