Hemeroteca club

O RC Celta e o Concello presentan a organización da Rolda Elite Sub-19

RC Celta

presentacionRondaElite.jpg

O club vigués é o anfitrión deste campionato oficial da UEFA puntuable para o Europeo

 

VÍDEO DA PRESENTACIÓN

 

O Real Club Celta e o Concello de Vigo presentaron esta mañá a organización da Rolda Elite para o Campionato de Europa Sub-19, un acto que contou coa presenza do seleccionador nacional Luis de la Fuente. Entre os días 31 de maio e 2 de xuño, Balaídos será o principal esceario dunha espectacular competición de seleccións Sub-19 que contará có club celeste como anfitrión.

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, acompañado polos vicepresidentes Ricardo Barros e Pedro Posada, e o director da Fundación Celta, Germán Arteta, trasladou o agradecemento da entidade céltica ao Concello de Vigo e á Real Federación Española de fútbol “pola confianza que depositan en nós”. O mandatario celeste animou aos afeccionados celtistas “a acudir aos partidos de Rólda Elite e apoiar fervientemente á Selección Española, na que estarán representados algúns dos nosos xogadores”.

 

Carlos Mouriño aproveitou a ocasión para facer extensible “a todos os equipos de fútbol basee da cidade” o recente recoñecemento de Fútbol Draft á canteira celeste: “estamos a traballar en equipo por toda a xeografía de Galicia. Este é un proxecto xeral, non soamente do Celta”.

 

Pola súa banda, o Alcalde de Vigo Abel Caballero referendou “o apoio do Concello ao proxecto de fútbol base do Celta” e agradeceu a Carlos Mouriño o papel que tivo na organización de Rólda Elite Sub-19 e do encontro que a selección española absoluta disputará ante Alemaña en Balaídos o próximo 18 de novembro.

 

O seleccionador nacional Sub-19, Luís de la Fuente, tamén mostrou a súa admiración pola filosofía de canteira do RC Celta e enviou o seu “máis sincero parabén” á entidade polo premio especial de apoio á canteira concedido por Fútbol Draft: “o Celta é o club que mellor traballou o fútbol de formación”.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas