Hemeroteca club

Luis Enrique despídese do RC Celta

RC Celta

despedida_luisenrique_1314ok.jpg

O presidente Carlos Mouriño acompañou ao técnico, ao que transmitiulle o agradecemento do club

 

Esta mañá a sala de prensa de Balaídos acolleu a despedida do adestrador do primeiro equipo, Luís Enrique, quen abandona a entidade celeste tras unha gran tempada na que se cumpriron os obxectivos marcados con folgura.

 

O técnico estivo acompañado polo presidente do club, Carlos Mouriño, quen expresou o agradecemento do Celta: “sentimos unha gran pena porque Luís Enrique despídese de nós, pero estamos moi felices porque o tivemos aquí durante un ano”. O máximo mandatario céltico quixo recalcar que o técnico chegou ao club “realizando un gran sacrificio, porque lle gustou a aposta do Celta”. “Estámosche enteiramente agradecidos, tes as portas deste club abertas e o respaldo de toda a afección. Aquí tes a túa casa”, asegurou o presidente.

Luís Enrique non ocultou que para el “hoxe é un día triste. Sinto moito apego a este club, aos seus empregados… lévome moito agarimo de Vigo”. O técnico aproveitou a ocasión para destacar dous aspectos craves no éxito desta tempada, os xogadores e a confianza da entidade: “é o mellor grupo humano que tiven como adestrador” (…) “O Celta deume apoio nos momentos delicados, respaldo… iso transmítese aos futbolistas. Tentamos devolver esa confianza con horas de traballo, esforzo e finalmente con resultados”.

 

O RC Celta quere expresar o seu máximo agradecemento a Luís Enrique e o seu corpo técnico por unha campaña sobresaliente, ademais de desexarlles a maior das sortes na súa próxima etapa, tanto no profesional como no persoal.

 

despedida_luisenrique_1314.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas