A selección Española necesita este xoves o apoio da afección para selar a súa clasificación para o Europeo
A Selección Española Sub-19 xógase o seu pase ao Campionato de Europa, e a súa participación no Mundial Sub-20, nun apaixonante partido ante a poderosa Alemania que se disputará este xoves ás 20.30 horas en Balaídos. O combinado español, con tres canteiráns celestes nas súas filas, necesita o máximo apoio posible da afección para superar ao conxunto alemán e certificar a súa clasificación. Por iniciativa dos organizadores, Real Club Celta e Federación Española de Fútbol, os menores de 15 anos poderán presenciar o partido de xeito gratuito. O prezo das entradas é de tan só 5 euros para os que superen esa idade.
España venceu nos seus dous primeiros partidos desta Rolda Élite a Dinamarca e Lituania, sempre cos tres canteiráns celestes, Rubén Branco, Santi Mina e David Costas, no once titular. O seu rival este xoves, a Selección de Alemania chega tamén a este partido con dúas vitorias no séu haber, polo que o combinado español necesita gañar para selar o seu pase ao Campionato de Europa e manter opcións de disputar o Mundial Sub-20.
Neste decisivo encontro, o apoio da afección será fundamental para que a ‘rojita’ poida superar ao esixente conxunto alemán nun partido que se presume intenso e apaixonante. Co obxectivo de que Balaídos ofreza á Selección Española o impulso necesario, o Real Club Celta e a Federación Española facilitarán a entrada gratuita ao estadio aos menores de 15 anos, que poderán recoller as invitacións hoxe e mañá nas oficinas de abonados e o xoves nas taquillas do estadio.
O prezo das entradas para este decisivo choque é de só 5 euros para os que superen esa idade.
A entradas e invitacións están dispoñibles nas oficinas de abonados hoxe e mañá, mércores, en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e o xoves, día do partido, nas taquillas do estadio de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.