Hemeroteca celtismo

Campaña de abonados: últimas dúas semanas para aproveitar as vantaxes especiais

RC Celta

autobus-orgullososdonoso.jpg

Xa renovaron case 5.000 abonados e rexistráronse máis de 600 altas

 

O período promocional da Campaña de Abonados 2014/2015 achégase á súa recta final. En dúas semanas finalizará o prazo para beneficiarse das vantaxes especiais que ofrece tramitar o abono antes do 11 de xullo: desconto do 5% nas renovacións e eliminación dos ‘Días do Club’ en altas e renovacións realizadas antes da data mencionada.

A campaña de abonados 2014/2015 mantén un ritmo constante. Uns 5.000 abonados xa renovaron o seu carné celeste e, ademais, as oficinas de Balaídos están a rexistrar un gran volume de novas altas, máis de 600 ata o momento. O atractivo proxecto deportivo céltico non deixa de sumar adeptos, centenares de novos abonados que fortalecerán o espléndido apoio e empuxe da afección de Balaídos, clave na consecución dos obxectivos durante as últimas campañas.

Co fin de evitar as habituais ringleiras nos últimos días de promoción, o RC Celta anima aos seus abonados a acudir canto antes ás oficinas de Balaídos para tramitar os seus carnés, así como aos afeccionados que desexen darse de alta.

A campaña 2014/2015 inclúe entre as súas principais novidades a creación do carné ‘Sub-25’ en lugar do ‘Sub-24’, vixente a pasada tempada, e un desconto do 5% para as renovacións tramitadas antes do 11 de xullo, rebaixa acumulable ás vantaxes ‘Familiares’ ou ‘Accionistas’ ata un máximo aplicable do 15%. Tanto renovacións como altas xestionadas antes da data mencionada non pagarán suplemento nos encontros designados como ‘Día do Club’, polo menos tres.

Outro dos puntos destacados da campaña é a inclusión da categoría ‘Sub-25’ na bancada de Tribuna, onde ata agora só existían prezos para ‘Adulto’, ‘Sub-15’ e ‘+65’.

Os abonados do RC Celta continuarán gozando de numerosas vantaxes co seu carné, como o acceso gratuíto ao campo de Barreiro para seguir o partidos do filial, o desconto na tenda oficial do club e en patrocinadores oficiais ou a participación en atractivos sorteos ao longo de toda a tempada.

Os abonados celestes disporán tamén de diferentes opcións para abonar o custo do carné da maneira que mellor se adapte ás súas necesidades coa Tarxeta Comercio e Visa Novagalicia Banco (ata 3 meses sen intereses) ou con Credicelta (até 12 meses cunha pequena recarga).

A campaña inclúe os habituais descontos a accionistas e familias. Os abonados cos carnés domiciliados recibirán o cargo a partir do día 25 de xuño. A cota de alta será similar á da tempada pasada: 85 euros para a categoría adulto e 45 euros para o resto.

As renovacións e altas pódense tramitar tanto nas oficinas de abonados, situadas no estadio de Balaídos como a distancia, as 24 horas do día e dunha forma rápida e sinxela, a través da oficina de abonados virtual: http://www.celtavigo.org/abonosCelta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas