Primeiro Equipo

O Celta sofre outra cruel derrota en Getafe

RC Celta

augusto-getafe-celta-1415.jpg

Os vigueses adiantáronse con gol de Charles, pero o cadro local remontou a falta de cinco minutos

 

O Celta volveu caer de maneira cruel en Getafe, campo maldito para os vigueses, nun partido con polémica que se decantou nos instantes finais para os locais. Charles adiantara ao Celta na primeira metade, pero o cadro local empatou de inmediato. Tras fallar un penalti, o Getafe anotou o gol da vitoria a falta de cinco minutos para o final.

 

O Celta compareceu no Alfonso Pérez cunha presión firme e adiantada e a clara intención de dominar a posesión. E fíxoo desde o primeiro instante, con ambición e boas chegadas. Os celestes foron acrecentando o seu dominio e encerrando ao seu rival, que apenas lograba saír con claridade na primeira fase do encontro.

 

E aos 14 minutos, o empeño e a superioridade celeste trasladáronse ao marcador. Saque de banda rápido e perfecta finalización de Charles. O Celta adiantábase por méritos propios.

 

Pero pouco duroulle a vantaxe. Catro minutos despois, ataque do Getafe pola dereita e gol de Álvaro Vázquez. Jonny rematou pouco despois desde a frontal, pero atrapou ben Codina. O Celta seguía dominando cunha boa reacción tras o tanto encaixado.

 

O árbitro puido expulsar a Alexis aos 22 minutos por unha durísima entrada a Orellana cando o céltico íase con gran vantaxe cara a portaría, pero mostroulle simplemente unha amarela.

 

No tramo final, o partido abriuse máis e houbo chegadas en ambas as áreas, aínda que sempre con máis posesión para un Celta que non deixaba de tentalo, pero que acabou sufrindo nos minutos finais por mor das súas imprecisións.

 

Tras a continuación, o Getafe deu un paso á fronte e reclamou a posesión do coiro. O Celta, do mesmo xeito que nos instantes finais da primeira metade, sufría para sacar o coiro e frear ao cadro local.

 

Os vigueses tardaron un cuarto de hora en meterse de cheo no choque, en refacerse e recuperar o coiro. Aos 27 minutos, man clara de Naldo na área que o árbitro non sinalou.Si a viu, moi clara tamén, na área do Celta pouco despois. Man de Radoja e penalti. Diego Castro lanzou e o coiro estrelouse no traveseiro.

 

Nos últimos minutos, o encontro estaba totalmente aberto. Aos 39 minutos, a xogada habitual. Rebotes na área e balón solto a Pablo Sarabia, que marcou con precisión.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-Getafe: Codina, Arroyo, Naldo, Alexis, Roberto Lago (Escudero, min.46), Rodríguez, Diego Castro (Felip, min.91), Freddy (Pedro León, min.69), Sammir, Sarabia e Álvaro

 

1-R.C.Celta: Sergio, Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Planas, Radoja (Bongonda, min.85), Augusto, Krohn-Dehli, Orellana (Santi Mina. min.67), Nolito e Charles (Larrivey, min.84)

 

Goles: 1-0, min-14: Charles; 1-1, min.18: Álvaro Vázquez; 2-1, min: 85: Sarabia

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas