A Liga anuncia os horarios das xornadas 29, 30 e 31 de Primeira División
A LFP anunciou os horarios para as xornadas 29, 30 e 31 de Primeira División. O RC Celta recibirá ao FC Barcelona o domingo 5 de abril ás 21:00 horas en Balaídos, partido para o que xa se comezaron a despachar as entradas (máis información). Uns días despois, o mércores 8 de abril ás 22:00 horas, os celestes xogarán a trixésima xornada no Estadio Los Cármenes ante o Granada CF. A intensa semana de fútbol pecharase o sábado 11 de abril coa disputa do partido ante o Rayo Vallecano en Balaídos, ás 22:00 horas.