Os celestes buscaron con empeño a remontada. Larrivey, acurtou e houbo opcións claras (1-2)
Un penalti e un saque de esquina condearon ao Celta ante un Athletic que defendeu ben a súa vantaxe e logrou aguantar o empuxe celeste tras o gol de Larrivey que permitiu soñar coa remontada. Bo partido, sen premio, dos vigueses.
Varias boas chegadas celestes, dominio do partido… e penalti en contra na primeira aproximación do rival. Aduriz acertou e adiantou aos seus, que non inquietaran en absoluto até ese minuto 16.
O Celta redobrou o seu dominio e buscou o empate ante un Athletic ben colocado, sólido e veloz á contra. Pero, aos 31 minutos, nun saque de esquina, San José recolleu o rexeite do traveseiro tras cabezazo de Aduriz para aumentar a vantaxe rival.
Os esforzos do cadro local para reducir diferenzas antes do descanso non tiveron premio e o Celta afrontaba a segunda metade en clara desvantaxe.
Tras o descanso, os celestes tentaron desde o inicio anotar un tanto que lles metese de novo no partido. Santi Mina, aos poucos segundos de entrar a punto estivo de logralo tras unha fantástica xogada, pero Iraizoz tapou ben o seu remate. Pouco despois, o canteirán cabeceou alto tras un bo centro de Krohn-Dehli.
E por fin, aos 18 minutos, centro medido de Orellana e cabezazo de Larrivey á rede. O Celta recibía premio ao seu esforzo e ambición. Os locais seguiron insistindo con furia.
FICHA TÉCNICA
1-R.C. Celta: Sergio, Hugo Mallo (Bongonda, min.85), Cabral (Pablo Hernández, min.89), Fontás, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli, Álex López (Santi Mina, min.58), Orellana, Nolito e Larrivey
2-Athletic Club: Iraizoz, De Marcos, Etxeita, Laporte, Balenziaga, San José, Beñat, Ibai (Iturraspe, min.62), Muniain, Williams (Susaeta, min.87) y Aduriz (Guillermo, min.56)
Goles: 0-1, min.17: Aduriz, de penalti; 0-2, min.31: San José; 1-3, min.63: Larrivey
Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Expulsou con dobre amarela a San José (min.84) e amonestou a Augusto, Krohn-Dehli, Orellana, De Marcos
Campo: Balaídos, 18.656 espectadores