Hemeroteca celtismo

O Celta lanza a súa campaña de abonados con vantaxes e descontos durante o mes de xuño

RC Celta

abonados_web_1615.jpg

O club mantén os prezos da pasada tempada e estrea novas taquillas para tramitar os carnets

 

O Real Club Celta afronta a tempada 2015/2016 coa ilusión que lle confiren non só a excepcional campaña recentemente concluída cun meritorio oitavo posto na táboa, senón tamén os seus grandes proxectos, como a nova sede ou a remodelación integral de Balaídos. A eles hai que sumarlle un máis, o aumento da súa masa social, o crecemento da gran familia celeste, fundamental na consecución dos obxectivos da entidade. Para iso lanza este martea unha campaña de abonados, co lema Crecemos Xuntos, que volve integrar novidades, vantaxes descontos e uns prezos situados entre os máis baixos da categoría.

 

Para empezar, o club mantén o prezo dos abonos da pasada tempada, sen subida algunha, para premiar a fidelidade dos abonados celestes e propiciar o aumento da masa social.

 

A campaña de abonados inclúe un desconto do cinco por cento sobre o prezo final nas renovacións, acumulable aos que se ofrecen a accionistas e familiar (10 por cento), ata un máximo do 15 por cento, para aqueles celtistas que tramiten o seu carnet ata o 30 de xuño. Ademais, ata esa data, tanto renovacións como altas quedarán exentas de pagar suplementos nos partidos designados como de Días do Club, que serán un mínimo de tres.

 

En canto ao prezo das altas, que só se tramitarán para as gradas de Marcador, Gol e Tribuna, tampouco sofren incremento. A cota de alta tamén se mantén en 85 euros para categoría adulto e 45 para o resto de categorías.

 

Para esta campaña, o club estrea as súas novas taquillas, nas que se realizarán todos os trámites, tanto renovaciones como altas, cun amplo horario durante o mes de xuño: de luns a venres de 9.00 a 20.00 horas de xeito ininterrumpido.

 

Pago Fraccionado

 

 

Unha vez máis, o Real Club Celta ofrece os seus abonados facilidades de pago para renovar ou darse de alta sen ter que realizar un único desembolso. Os usuarios de Tarxeta Comercio ou VISA Abanca poderán pagar ata en tres meses sen intereses, mentres que aqueles que desexen fraccionar máis o abono poderán utilizar o Credicelta, que, una vez autorizado por Abanca, permite o pago a prazos ata en 12 meses cun interese competitivo. Para gozar desta vantaxe, os abonados deberán presentar nas taquillas do estadio o seu DNI e o número de conta de Abanca.

 

 

Por outra banda, os abonados que haxan domiciliado o pago recibirán o cargo a partir do día 15 de xuño e poderán retirar o seu carnet presentando o justificante bancario nas taquillas desde o día un do próximo mes de agosto.

 

precios_abonados.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas