Primeiro Equipo

Iago Aspas asinou o seu contrato e xa é xogador do Celta

RC Celta

firmaaspas01.jpg

O canteirán celeste preséntase ante o celtismo este venres en Balaídos a partir das 19:30h

 


VÍDEO DA SINATURA EN CELTA TV


 

Iago Aspas, un dos futbolistas máis queridos e admirados pola afección, selou esta tarde o seu regreso ao Real Club Celta, a súa casa. Tras superar o recoñecemento médico, o dianteiro moañés asinou o seu novo contrato na sede social do club xunto ao presidente Carlos Mouriño. O canteirán, que vestirá a camiseta do club vigués durante as próximas 5 tempadas, preséntase ante o celtismo este venres en Balaídos.

 

A porta 18 do estadio abrirase aos afeccionados ás 19:30h e media hora despois, ás 20:00h, comezará unha das presentacións máis emocionantes das últimas tempadas. Os asistentes poderán presenciar a rolda de prensa do xogador e a tradicional sesión fotográfica vestindo a nova equipación Adidas. As cámaras de CeltaTV farán un seguimento de todo o evento, que se retransmitirá a través dos videomarcadores e da megafonía do estadio. Aspas pechará a súa presentación cun lanzamento de balóns asinados á bancada.

 

#CrecemosXuntos: úneche á familia celtista!

O club anima a todos os afeccionados a asistir a este ilusionante reencontro e aproveitar a ocasión para achegarse aos despachos de billetes de Balaídos e aproveitar as vantaxes especiais que ofrece a Campaña de Abonados ata o próximo 30 de xuño. As renovacións realizadas ata esa data poderán beneficiarse dun 5% de desconto sobre o prezo final, acumulable aos descontos de accionista e familiar ata un máximo do 15%, e tanto renovacións como novas altas estarán exentas no pago de suplementos durante toda a tempada nos partidos designados como ‘Días do Club’.

 

Os despachos de billetes permanecen abertas de luns a venres en horario ininterrompido de 10h a 20h, mentres que a plataforma online www.celtavigo.org/abonosCelta permite tramitar o carné en calquera momento da semana.

 

firmaaspas02.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas