Hemeroteca celtismo

Este martes finaliza o prazo para abonarse con condicións especiais

RC Celta

taquillas-3abonados.jpg

Desconto en renovacións e exención no pago de suplementos para renovacións e novas altas

 

Este martes finaliza o prazo da Campaña de Abonados 2015/2016 para beneficiarse das vantaxes especiais. O club anima a todos os afeccionados pendentes de xestionar o seu carné a que o fagan entre hoxe e mañá para poder gozar dun desconto do 5% sobre o prezo final no caso das renovacións* e da exención no pago de suplementos ao longo da tempada tanto para renovacións como novas altas.

 

Todas as xestións poden realizarse nos renovados despachos de billetes do estadio de Balaídos en horario ininterrompido de 09:00h a 20:00h ou a través da web www.celtavigo.org/abonosCelta que, operativa as 24 horas do día, é a maneira máis cómoda de tramitar o carné celtista.

 

O RC Celta mantén o prezo dos abonos da pasada tempada, dos máis baixos de Primeira División, para premiar a fidelidade dos abonados celestes e propiciar o aumento da masa social. As atractivas condicións da Campaña de Abonados céltica súmanse aos atractivos dunha tempada ilusionante na que o club celebra 50 anos competindo na máxima categoría do fútbol español e na que os proxectos deportivos e sociais da entidade están chamados a seguir crecendo coa unión e o apoio de toda a familia celeste: #CrecemosXuntos.

 

*Descuento acumulable ao ACCIONISTA e FAMILIAR ata un máximo do 10%.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas