Xogará cedido 1 tempada no Sheffield Wednesday a expensas do pertinente recoñecemento médico
O centrocampista Álex López será celeste ata o ano 2019 unha vez pechada a súa ampliación de contrato co Real Club Celta, onde leva xa seis tempadas.
O canteirán, que chegou ao club para xogar no filial na campaña 2009/2010, militará unha tempada cedido no conxunto inglés Sheffield Wednesday da Football League Championship, tras o acordo alcanzado polas partes, a expensas do pertinente recoñecemento médico.
O Real Club Celta deséxalle moito éxito durante esta cesión ao conxunto inglés.