O árbitro decretou o final antes de tempo tras unha tangana (1-0)
Bo ritmo, ímpeto e interese no arranque do último test da xira celeste por Alemaña e Austria. O Celta gozaba de maior posesión e o Ingolstadt, cunha condición física notablemente superior dada a proximidade do comezo da súa competición, apostaba por un xogo máis directo e remates afastados, aínda que apenas había aproximacións destacables.
Aos 14 minutos, bo pase de Iago cara a Borja Iglesias, cuxo remate foi atrapado con seguridade pola meta alemán. E un minuto despois, Gross enganchou un gran disparo de lonxe que superou a Sergio para delirio da afección local.
O xogo volveuse máis espeso, con menos chegadas e moita batalla no centro do campo. Aos 26 minutos Bongonda rematou forzado ás mans da meta local tras un bo pase de Iago Aspas.
O canteirán non chegou por pouco minutos despois a un balón de Orellana tras unha contra iniciada polo de Moaña. O Celta buscaba con máis afán a meta rival no tramo final da primeira metade, aínda que sen éxito.
Tras o descanso, o encontro seguiu un tanto embarullado, sen dominador e moitos paróns. A mellor condición física dos alemáns, que empezan a liga nunha semana, era evidente en numerosos lances.
O Celta foise refrescando con cambios e mellorando as súas prestacións, aínda que o encontro non ofrecía demasiadas ocasións e si excesivas interrupcións, rifas e boureos. O árbitro pitou o final tras unha delas aos 84 minutos de xogo.
FICHA TÉCNICA
F.C.Ingolstadt: Ozcan, Hubner, Leckie, De Oliveira, Gross, Lex, Hinterseer, Cristiansen, Levels, Suttner y Matip. También jugaron: Nyland, Morales, Hasthann, Pekhart, Bg¡regeire, Engel, Vieira da Costa, Bakier, Kachubga, Pledl e Cohen.
R.C.Celta: Sergio, Jonny, Sergi Gómez, Fontàs, Planas (Hugo Mallo, min.46; Cabral, min.65), Radoja (Wass, min.52), Augusto (Señé, min.68), Bongonda (Luis Rioja, min.73), Orellana (Pape, min.80), Iago Aspas e Borja Iglesias (Pablo Hernández, min.52).
Goles: 1-0, min.14: Gross.
Árbitro: Brandt. Expulsou con vermella directa a Jonny (min.83) e amonestou a Sergi Gómez, Orellana, Iago Aspas.
Campo: Audi Sportpark, uns 5.000 espectadores.