Primeiro Equipo

O Celta suma un punto en Ipurúa e segue invicto

RC Celta

aspas-celebracion-ipurua-1516.jpg

 

O Celta sumou un punto no sempre complicado campo de Ipurúa tras encaixar aos 2 minutos nun saque de esquina. Os celestes tentárono sen desmaio e finalmente Iago Aspas anotou o tanto do empate tras unha gran xogada de Jonny. Os vigueses seguen invictos e pechan de maneira moi satisfactoria unha gran semana.

 

Dous minutos, saque de esquina e gol do Eibar. O Celta comezou perdendo en Ipurúa desde case antes de saír ao campo, cun gol ademais marcado desde o chan e coa coxa, de maneira moi afortunada.

 

Aos 15 minutos, gran xogada de Bongonda, que se foi por velocidade de dous xogadores e o seu remate final foi desviado por Risco cunha gran intervención. Espléndida ocasión para un Celta que aos poucos ía mellorando e tomando con autoridade o dominio do xogo. Pablo Hernández cabeceou pouco despois fóra nunha nova chegada celeste.

 

Os célticos mantiveron o domino até o descanso, con algunhas chegadas reseñables e sen pasar excesivos apuros atrás, pero non foron capaces de superar á ordenada zaga do cadro local.

 

Tras a continuación, con Iago Aspas sobre o céspede, o Celta foise cara arriba de maneira decidido. Orellana estivo a piques de marcar os 4 minutos cun bo disparo, tras unha man na área do Eibar non sinalada, que saíu lixeiramente desviado. Sergio realizou unha parada enorme aos 13 minutos a un disparo de Bastón tras unha perda na saída de balón celeste.

 

Con 15 minutos cumpridos, clara man na área do Eibar tras un centro de Nolito que o colexiado tampouco sinalou. Os celestes seguírono tentando ante un Eibar moi metido atrás que defendía con uñas e dentes a súa valiosa vantaxe.

 

A falta de 15 minutos, galopada impresionante de Jonny con centro ao corazón da área que aproveitou Iago Aspas para empatar o choque cun bo remate chegando desde atrás. Un punto e moito esforzo para seguir invictos esta tempada.

 

FICHA TÉCNICA

1-SD Eibar: Riesgo, Pantic, Capa, Inui (Simone, min.78), Sergi Enrich, Dani García, Dos Santos, Juncá, Borja Bastón (Arruabarrena, min.91), Saúl Berjón (Silvestre, min.68) e Adrián.

 

1-RC Celta: Sergio; Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Planas; Augusto, Pablo Hernández (Iago Aspas, min.46), Radoja (Wass, min.60), Orellana, Bongonda (Drazic, min.75) e Nolito.

 

Goles: 1-0, min.2: Borja Bastón; 1-1, miun.76: Iago Aspas.

 

Árbitro: Pérez Montero, do comité andaluz. Amonestou a Capa, Sergi Enrich, Dani García, Adrián, Dos Santos, Pablo Hernández, Radoja, Orellana, Augusto.

 

Campo: Ipurúa.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas