Hemeroteca club

O RC Celta e a Fundación renovan un ano máis o seu convenio coa Federación de Peñas

RC Celta

peñas-editadaWEB.jpg

p>

 


VÍDEO EN CELTATV 


 

O RC Celta, a Fundación Celta e a Federación de Penas selaron a renovación do seu convenio anual de colaboración esta tarde na sede social do club. Carlos Mouriño, presidente céltico; Germán Arteta, director da Fundación Celta e José Méndez Castro, presidente da Federación de Peñas, quen expresou a súa satisfacción pola renovación dun convenio que considera moi importante para as peñas.

 

José Méndez Castro aproveitou a ocasión para mostrar o seu agradecemento ao club polo seu apoio constante e crecente que permite que en cada campo de España onde xoga o Celta haxa sempre un grupo de celtistas para apoiar ao equipo. O presidente da Federación de Peñas tamén apuntou o incremento continuo de novas peñas e avanzou que esta tempada se pechará con polo menos outro seis federadas.

 

Coa renovación un ano máis deste convenio de colaboración o RC Celta e a Fundación reforzan os lazos de unión do club coas peñas celtistas e coa afección. Ao acto tamén asistiron o tesoureiro da Federación de Peñas Argimiro Rodríguez e o secretario Sergio Costas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas