Hemeroteca celtismo

Prezos desde 15 e 20 euros para recibir ao Getafe

RC Celta

precios-celtagetafe-1516


BILLETEIRA ONLINE | TFNO. ABONADOS 986.21.32.30


 

As entradas para o partido da sétima xornada ligueira ante o getafe xa están á venda nos despachos de billetes do estadio e na web do club. O club fixou uns prezos atractivos para un partido no que o equipo celeste buscará prolongar a súa serie de resultados positivos. O custo das entradas vai desde os 20€ para categoría ADULTO e desde tan só 15€ para categoría SUB-25.

 

O RC Celta convida a todo a afección a acudir ao estadio para revivir o incrible clima de unión da última xornada disputada en Balaídos, na que o empuxe da bancada e a súa comuñón co equipo foi unha das claves para superar ao FC Barcelona. As entradas poden adquirirse de luns a venres nos despachos de billetes de Balaídos en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, o día do partido de 10.00 a 20.30 de maneira ininterrompida ou en calquera momento do día en www.celtavigo.org/taquillaCelta.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas