Primeiro Equipo

Sete xogadores celestes convocados polas súas seleccións

RC Celta

internacionales-web.jpg

Nolito, Guidetti, Orellana, Madinda, Wass, Jonny e Bongonda foron convocados polas súas seleccións nacionais, de categoría Sub-21 no caso dos dous últimos. O gran inicio ligueiro do RC Celta non pasou desapercibido para os seleccionadores, quen decidiron incluír a futbolistas celestes nas súas listas de cara ás próximas datas FIFA.

 

NOLITO (ESPAÑA)

O atacante andaluz regresa á Selección Española absoluta. O seu estupendo estado de forma levoulle de volta a ‘la roja’ para participar en dous importantes partidos clasificatorios para a Eurocopa 2016, ante Luxemburgo o 9 de outubro en Logroño e ante Ucraína o 12 de outubro en Kiev. Nolito debutou coa Selección Española en Balaídos o pasado mes de novembro fronte a Alemaña. Uns días antes da súa estrea xa fora convocado para outro amigable, ante Bielorrusia en Huelva.

 

Venres 9 de outubro: Liechtenstein v Suecia (Vaduz, Liechtenstein) – UEFA EURO 2016 CLASIFICATORIO

 

Luns 12 de outubro: Suecia v Moldavia (Solna, Suecia) – UEFA EURO 2016 CLASIFICATORIO

 

GUIDETTI (SUECIA)

Unha das fichaxes do Celta para esta tempada, John Guidetti, regresa a unha convocatoria da selección absoluta de Suecia, coa que xa participou en dous partidos amigables: en 2012 ante Croacia e en 2014 ante Francia. O xogador nórdico busca demostrar as súas calidades na absoluta tras ser a gran atracción da Eurocopa Sub-21 do pasado verán na que Suecia levantou o título de campión. Guidetti foi convocado de face a dous encontros clasificatorios para a Eurocopa 2016, ante Liechtenstein o 9 de outubro en Vaduz (Liechtenstein) e ante Moldavia o 12 de outubro en Solna (Suecia).

 

Venres 9 de outubro: Liechtenstein v Suecia (Vaduz, Liechtenstein) – UEFA EURO 2016 CLASIFICATORIO

 

Luns 12 de outubro: Suecia v Moldavia (Solna, Suecia) – UEFA EURO 2016 CLASIFICATORIO

 

ORELLANA (CHILE)

Sampaoli, seleccionador chileno, volve contar con Fabián Orellana. O miúdo dianteiro céltico participará en dous partidos de clasificación para o Mundial de Rusia 2018: ante Brasil o 8 de outubro en Santiago de Chile e a Perú o 13 do mesmo mes en Lima.

 

Xoves 8 outubro: Chile v Brasil (Santiago de Chile, Chile) – COPA DO MUNDO 2018 CLASIFICATORIO

 

Luns 12 outubro: Perú v Chile (Lima, Perú) – COPA DO MUNDO 2018 CLASIFICATORIO

 

MADINDA (GABÓN)

O xogador africano xa é un fixo no combinado gabonés. O cateirán celeste concentrarase coa súa selección para xogar dous amigables, ante Tunes o 9 de outubro e ante Congo o 13.

 

Venres 9 de outubro: Túnez v Gabón (Ràdes, Túnez) – AMIGABLE

 

Martes 13 de outubro: Gabón v Congo (Bruselas, Bélxica) – AMIGABLE

 

DANIEL WASS (DINAMARCA)

O centrocampista Daniel Wass é un habitual da Selección de Dinamarca desde hai anos. O futbolista celeste volve a unha convocatoria internacional con motivo do encontro de clasificación para a Eurocopa 2016 ante Portugal que se celebra en Braga o 8 de outubro e o posterior amigable ante Francia, o 11 de outubro, que se disputa en Copenhague.

 

Xoves 8 de outubro: Portugal v Dinamarca (Braga, Portugal) – UEFA EURO 2016 CLASIFICATORIO

 

Domingo 11 de outubro: Dinamarca v Francia (Copenhague, Dinamarca) – AMIGABLE

 

JONNY (ESPAÑA SUB-21)

O canteirán vigués repite na selección nacional Sub-21. Jonny foi chamado de cara a dous partidos da fase de clasificación para a Eurocopa 2017. O combinado español enfróntase o 7 de outubro en Xeorxia ao conxunto anfitrión e fronte a Suecia o 13 de outubro en Tenerife.

 

Mércores 7 de outubro: Xeorxia Sub-21 v España Sub-21 (Tbilisi, Georgia) – UEFA EURO Sub-21 2017 CLASIFICATORIO

 

Martes 13 de outubro: España U-21 v Suecia Sub-21 (Tenerife, España) – UEFA EURO Sub-21 2017 CLASIFICATORIO

 

BONGONDA (BÉLXICA SUB-21)

O mozo belga foi incluído na lista da Sub-21 belga para o partido clasificatorio para a Eurocopa 2017 ante Malta, que se disputa o 9 de outubro en Louvain (Bélxica).

 

Venres 9 de outubro: Bélxica Sub-21 v Malta Sub-21 (Louvain, Bélgica) – UEFA EURO Sub-21 2017 CLASIFICATORIO

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas