O canteirán Levy Madinda xogou de inicio con Gabón ante Mozambique no partido de clasificación para o Mundial 2018 disputado onte en Maputo. O cadro gabonés caeu derrotado 1-0 e está obrigado a reverter o resultado este sábado no partido de volta, que se xoga en Libreville, para seguir aspirando a lograr unha praza no torneo mundial.