Hemeroteca club

O Celta fai un chamamento á afección para que evite cánticos que podan ser obxecto de sanción

RC Celta

CVfP6YqXIAAKIHS.jpg

 

O Real Club Celta fai un chamamento á afección para que durante os partidos en Balaídos evite entoar cánticos que inciten á violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia, xa que isto supón unha forte sanción económica para o club, co prexuízo que iso leva, e tamén para os afeccionados que realicen os mencionados cánticos.

 

O RC Celta recibiu diversas sancións nas últimas semanas pola actuación inadecuada dun pequeno sector dos afeccionados, xa que o comportamento da gran maioría de seguidores celestes é sempre exemplar, e quere informar os seus seguidores de que por mandato dos organismos competentes procederase a identificar no propio estadio e a través das cámaras da UCO aos afeccionados que entoen cánticos inapropiados ou coreen insultos, que recibirán a sanción correspondente.

 

O Real Club Celta reitera que o comportamento da gran maioría de afeccionados que acoden ao estadio de Balaídos é exquisito e motivo de orgullo para a entidade e lamenta o dano que un pequeno grupo de seguidores está a causar ao RC Celta e ao resto da afección.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas