Hemeroteca celtismo

LaLiga e o Celta celebran o Nadal cunha Fan Zone en Balaídos

RC Celta

laliganonstop291215

 

A Liga regresa en plenas datas do Nadal. Esta tempada os equipos de Primeira División xogan os días 30 e 31 de decembro e para celebralo a LFP instalará este martes unha Fan Zone nos arredores de Balaídos, fronte á bancada de Marcador, para o goce dos afeccionados celestes máis novos e as súas familias.

 

Dentro da súa programación de LaLiga Non Stop, a LFP preparou unha carpa chea de actividades e concursos nos que se poderán gañar balóns, videoxogos e entradas para partidos. A Fan Zone estará activa en Balaídos este martes ata as 20:00h e mañá mércores de 10:00 a 11:30h.

 

Taller de manualidades, pintacaras, xogos de trivial ou un chutagol son só algunhas das actividades que esperan aos pequenos e as súas familias na Fan Zone de LaLiga Non Stop.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas