Primeiro Equipo

O Celta, con todo en contra, cae nas Palmas

RC Celta

 

 

bongonda310116

 

O Celta tívoo todo en contra no Estadio de Gran Canaria e non puido dobregar ao cadro local, que xogou en superioridade os últimos 20 minutos pola máis que rigorosa expulsión de Orellana. Bongonda adianto aos celestes e Vise empatou ao anotar un penalti inexistente. No último minuto, Las Palmas acertou e levou o choque. Antes, dous man a man ante Javi Varas se esfumaron por foses de xogo mal sinalados.

 

O Celta golpeou pronto. Golazo de Bongonda ao cinco minutos. O extremo recibiu na frontal, penetrou con velocidade e lanzou un gran zurdazo á escuadra. Las Palmas piudo empatar aos 18 minutos cun gran lanzamento afastado de Willian José que repeleu a madeira.

 

E o Celta aumentar a súa vantaxe pouco despois cun pase que deixaba a Iago Aspas diante de Javi Varas, pero que o auxiliar anulou por un fóra de xogo claramente inexistente. A xogada repetiuse con Orellana máis tarde. Dúas xogadas de gol, moi claras, ao limbo…

 

O desastre consumouse aos 34 minutos cunha man involuntaria de Cabral, quen non viu o balón, na área. Vise anotou o penalti e empatou o choque. Os vigueses foran tremendamente prexudicados. O descanso chegou con igualdade no marcador.

 

Tras a continuación, o partido abriuse e houbo un ida e volta constante e maior presenza en ataque do cadro local, máis decidido que un Celta un tanto tímido.

 

O árbitro volveu cobrar protagonismo aos 28 minutos ao expulsar a Orellana coa súa segunda amarela por supostamente tirarse na área. O Celta quedaba con dez a falta de case vinte minutos. Willian José deixouse caer na área de maneira clara pouco despois, e non houbo segunda amarela para o dianteiro local.

 

O dianteiro anotou no último minuto e condenou ao Celta a unha derrota na que influíron demasiados factores.

 

FICHA TÉCNICA

2-UD Las Palmas, Javi Varas, David Simón, Aythami (Bigas, min.68), David García, Dani Castellano, Montoro (Momo, min.41), Roque Mesa, Wakaso (Nauzet Alemán, min .81), Tana, Jonathan Viera e Willian José

 

1-RC Celta: Sergio, Jonny, Hugo Mallo, Cabral, Planas, Radoja (Pape Cheikh, min.84), Pablo Hernández, Bongonda, Orellana, Beauvue (Wass, min.60) e Iago Aspas (Guidetti, min.65).

 

Goles: 0-1, min.5: Bongonda; 1-1, min.34: Viera; 2-1, mkn.90: Willian José

 

Arbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Expulsou a Orellana con dobre amarela (min.73) e amonestou a David Simón, Aythami, Willian José, Wakaso, Roque Mesa, Momo, Hugo Mallo

 

Campo: Estadio de Gran Canaria 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas