O Celta superou ao Sporting no Molinón nun partido serio e solvente que dominou con claridade e que desnivelou Nolito cun tanto na segunda metade. Os celestes dan un gran paso para asegurarse a sétima praza cunha notable vantaxe sobre o oitavo clasificado. O Celta bateu ademais un registtro histórico, o de puntos como visitante en Primeira División.
O Celta saíu concentrado, con carácter e a idea de dominar o encontro desde o inicio. Fíxoo, con boas combinacións, paciencia e gran solvencia defensiva.
Ao dez minutos, brillante xogada celeste con envío de Guidetti cara a Nolito na área, pero o remate do gaditano saíu lixeiramente desviado. Gran ocasión para os célticos, moi ben asentados no terreo de xogo.
Ao bordo da media hora de xogo, apareceu Orellana en dúas ocasións para xerar moito perigo, pero sen acerto nos remates do propio chileno e Iago Aspas. O canteirán disparo c os 37 minutos tras un bo pase de Nolito, pero Cuéllar atrapou con seguridade. O Celta dominaba o partido con autoridade ante un rival que se vía superado polo brillante xogo ofensivo dos celestes, aos que lles faltou acerto nos metros decisivos para chegar con vantaxe ao descanso.
Tras a continuación, aos poucos segundos, nova ocasión para o Celta que acabou en saque de esquina. O partido abriuse na seguinte fase, con moito ritmo e boas chegadas por parte de ambos os equipos.
Por fin, o Celta acertou aos 18 minutos. Pase de Orellana a Nolito, quen recorta e remata con potencia á rede ao pau curto. Gol espléndido e máis que merecido. Radoja puido marcar aos 28 minutos cun bo remate cruzado de que saíu rozando a madeira.
O partido chegou ao seu tramo final aberto, co Sporting mirando decididamente cara arriba pola necesidade e o Celta con espazos para contragolpear. Os vigueses aguantaron ben o arreón final do cadro tola e suman unha vitoria de enorme importancia para alcanzar o soño europeo.
FICHA TÉCNICA
0-Sporting: Cuéllar, Luis Hernández, Sergio, Cases, Isma López, Carmona (Carlos Castro, min.59), Sanabria, Vranjes, Pablo Pérez (Halilovic, min.68), Jony (Ndi, min.76) e Meré
1-RC Celta: Rubén, Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Planas, Radoja, Wass, Iago Aspas (Pablo Hernández, min.63), Orellana (Hugo Mallo, min.89), Nolito e Guidetti (Beauvue, min.83)
Goles: 0-1, min.64: Nolito
Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amonestou a Rubén, Jonny, Orellana, Wass, Guidetti, Vranjes, Cases
Campo: El Molinón