Primeiro Equipo

O Celta suma un punto ante o Espanyol nun partido de gran ritmo

RC Celta

espcel-1516

 

Partido aberto, vistoso, cun gran ritmo, no que o Celta gozou de maior posesión, pero que acabou en empate. Os vigueses seguen sumando, neste caso nun campo hostil, e avanzando cara ao seu obxectivo. Iago Aspas anotou o tanto celeste na primeira metade.

 

Tras un arranque plácido para os celestes, que acapararon a posesión de balón, unha perda na frontal propiciou un man a man de Abraham que salvou Sergio. O partido foi adquirindo ritmo, co Celta dominador e un Espanyol que esperaba roubar para lanzar algunha contra.

 

A ambición e o dominio propiciaron que os vigueses se adiantasen no marcador cun bo centro de Orellana que Iago Aspas rematou á rede de maneira espectacular.

 

O conxunto local adiantou liñas e dispuxo dalgunha boa oportunidade. Asensio empatou aos 39 minutos cun gran disparo desde a frontal tras un despexe da zaga celeste. A primeira metade acabou cunha chegada celeste á contra que acabou sen unha boa finalización. O equipo vigués había dominado con autoridade, e un gran fútbol, durante a primeira media hora, pero o Espanyol sacou o mesmo rédito con dez minutos de aceleración.

 

Na segunda metade mantívose desde o inicio un ritmo elevadísimo, con ida e volta e unha gran vistosidade. O Celta seguiu dominando con claridade, mantendo a posesión e tratando de xerar perigo, tarefa complicada ante un rival que xamais se descoidaba atrás.

 

O partido entrou no tramo final totalmente aberto, con ida e volta e todas as posibilidades abertas.

  

 

FICHA TÉCNICA

1-RCD Espanyol: Pau López, O. Duarte (Roco, min.70), Álvaro, R. Duarte, Javi López Víctor Sánchez, P. Diop, Abraham (Caicedo, min.65), Asensio, Hernán Pérez e Gerard Moreno (Burgui, min.80)

 

1-RC Celta: Sergio, Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Planas, Radoja, Marcelo Díaz, Pablo Hernández, Orellana (Bongonda, min.89), Nolito e Iago Aspas (Guidetti, min.70)

 

Goles: 0-1, min.28: Iago Aspas; 1-1, min.39: Asensio

 

Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amonestou a Víctor Sánchez, Pablo Hernández

 

Campo: RCDE Stadium

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas