Primeiro Equipo

O Celta e a súa afección festexan a clasificación europea cunha vitoria

RC Celta

celgcf250416

 

O Celta festexou coa súa afección a súa histórica clasificación para Europa cunha vitoria ante a Granada que lle devolve á quinta posición da táboa. Iago Aspas anotou os dous goles celestes nun partido complicado no que os vigueses acabaron tirando de oficio.

 

O Celta dominou, con decisión, desde o inicio e non tardou en xerar ocasións claras de gol nos primeiros minutos de xogo. Andrés e os defensores desbaratáronas con fortuna. Aos 15 minutos, tras un intenso monologo celeste, Biraghi derrubou a Guidetti na área. Iago Aspas transformou o penalti para adiantar a un Celta que buscara con afán esa vantaxe.

 

Tras o tanto, o conxunto local baixou o seu ímpeto e afastouse da área rival para controlar o xogo en zonas máis atrasadas sen que o Selecta lograse xerar apenas perigo. Aos 39 minutos, unha falta cabeceada ao traveseiro foi a primeira ocasión clara do conxunto visitante. O descanso chegou coa merecida vantaxe dun Celta notablemente superior ao seu rival.

 

Tras a continuación, o Granda, impulsado pola necesidade, deu un paso adiante e o partido transformouse nun ida e volta constante con maior perigo para Rubén, acertado ante Peñaranda nun man a man. Os visitantes melloraron as súas prestacións e encadearon varias ocasións que resolveron ben o porteiro e a zaga celestes, pero o Celta perdera o control do choque.

 

O Arabi empatou ao desviar con fortuna un remate desde a frontal tras un rexeite. O Celta reaccionou, foise arriba e comezou de novo a xerar perigo. Marcou pronto Iago Aspas tras unha gran xogada, un pase prodixioso de Nolito e un remate espectacular. O Celta alzouse de novo á quinta praza con esta traballada vitoria.

 

2-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Planas (Jonny, min.82), Marcelo Díaz (Radoja, min.86), Pablo Hernández, Iago Aspas, Orellana, Nolito e Guidetti (Wass, min.67)

 

1-Granada CF: Andrés, Lombán, Biraghi, Babin, El Arabi (Barral, min.83), Doucoure, Miguel Lopes. Cuenca, Khrin (Fran Rico, min.63), Rochina (Rober, min.77) e Peñaranda

 

Goles: 1-0, min.16: Iago Aspas, de penalti; 1-1, min.69: El Arabi; 2-1, min.75: Iago Aspas

 

Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Miguel Lopes, Rober, Planas, Iago Aspas

 

Campo: Balaídos, 18.240 espectadores         

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas