Primeiro Equipo

Hugo Mallo: “Dende pequeno soñaba que chegara este momento para o Celta”

RC Celta

160428_RP_Hugo_Mallo_WEB.jpg

 

O vestiario celeste respira ambición, ilusión e expectativas nos compases finais da tempada 2015/16. Así o asegura o seu capitán, Hugo Mallo, quen esta compareceu esta mañá na sala de prensa da Madroa: “Estamos a un paso de conseguir un gran posto como o quinto. Queremos defendelo e en fronte teremos un rival complicado como o Athletic. Queremos defender este posto pero sempre con ambición, ilusión e expectativas para tentar superar ao cuarto clasificado”.

 

O canteirán espera en San Mamés un partido complicado ante un opoñente “moi duro, perigoso e difíciles de superar no seu estadio”. A clave da vitoria estará no propio Celta, en saber manter a idea de xogo que fixo posible unha campaña histórica: “Se nós estamos ben nos dá igual o rival. O noso gran forte somos nós mesmos”, sinalou o de Marín, quen se mostra exultante pola situación actual do club: “Sinto afortunado. Gozo cada día do que fago e do que estamos a facer, polo equipo e a afección”.

 

“Gañei en madurez, aspectos do xogo, fisicamente… pero teño a ambición de seguir crecendo e fágoo cada día grazas aos meus compañeiros”, valorou o futbolista galego, quen tamén expresou a súa satisfacción pola recente renovación do adestrador, Eduardo Berizzo: “Estamos moi contentos. Deu forma a este proxecto e está a axudar a que creza. A súa continuidade alégranos e tranquiliza. Coñecemos as súas ideas, temos asimilados os seus conceptos e queremos crecer xuntos”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas