Primeiro Equipo

Wass: “O partido ante o Athletic é unha gran final para nós”

RC Celta

wass290416

 

O centrocampista celeste Daniel Wass expresou esta mañá a importancia que o vestiario dá ao choque deste domingo ante o Athletic Club (San Mamés, 12:00h): “É unha gran final para nós. Todos os partidos do tramo final o son, pero este especialmente”, asegurou.

 

O danés considera que a clave volverá estar no propio conxunto vigués. Ser capaces de despregar o vistoso xogo co que triunfaron esta tempada será fundamental para sumar tres puntos craves: “Temos que pensar en nós mesmos. O Athletic é un gran rival e poida que haxa un extra de tensión neste encontro porque podemos asegurar a sexta ou quinta praza”, sinalou.

 

Wass, xa recuperado da lesión que lle apartou do choque en Barcelona ante o Espanyol, afirmou que está preparado para ser titular pero “o importante é o equipo e eu non me poño por diante do conxunto. Se xogo ben, se me toca banco tamén”.

 

O danés, compañeiro de selección de Michael Krohn-Dehli, referiuse á importante lesión que o ex xogador céltico, agora no Sevilla, sufriu este xoves en partido de semifinais da Europa League: “Chorei onte cando vin a Michael. É un bo amigo meu e verlle sufrir así sobre o céspede encheu os meus ollos de bágoas”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas