Hemeroteca celtismo

A camiseta da Selección Española, xa na tenda do Celta para celebrar a EURO 2016

RC Celta

selecciontiendacelta.jpg

 

A Eurocopa 2016 xa está en marcha e a tenda do Celta celébrao pondo á venda a camiseta da Selección Española, da que forma parte o atacante céltico Manuel Agudo ‘Nolito’. A partir deste xoves os afeccionados poderán atopar no establecemento oficial de Balaídos a elástica vermella, vestida con frecuencia polos xogadores do primeiro equipo Rubén e Jonny, habituais da Sub-21, e por moitos outros canteiráns das categorías inferiores celestes.

 

Os abonados do Celta poden adquirir a peza co habitual 10% de desconto, tamén aplicable aos colaboradores da Fundación Celta. Ademáis, a todos os afeccionados que merquen a camiseta, dispoñible en todas as tallas e en kit infantil (camiseta, pantalón e medias), regalaráselles unha fotografía exclusiva asinada por Nolito e dedicada polo crack andaluz a todo o celtismo.

 

A tenda do Celta en Balaídos permanece aberta de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas