Nolito e Guidetti debutaron este luns na Eurocopa 2016. O atacante andaluz foi titular con España na vitoria ‘in extremis’ ante República Checa. O combinado español levou o tres puntos grazas a un gol de Gerard Piquei a pase de Iniesta cando o choque chegaba ao seu fin. Nolito, substituído no minuto 81 por Pedro, ofreceu un bo rendemento.
Pola súa banda, John Guidetti arrincou o debut de Suecia ante Irlanda no banco. O conxunto irlandés adiantouse no marcador no minuto 48, pero a entrada do dianteiro celeste no minuto 59 revolucionou o partido a favor dos suecos. O céltico, cun taconazo cheo de clase, serviu o balón a Ibrahimovic para que este rematase a porta. O seu disparo desviouno un futbolista irlandés ao fondo da súa propia portaría. O encontro finalizou en táboas.
Luns 13 de xuño
España – Rep.Checa (1-0)
Irlanda – Suecia (0-1)
Venres 17 de xuño
Italia – Suecia (15:00, Toulouse)
España – Turquía (21:00, Allianz Riviera)
Martes 21 de xuño
Croacia – España (21:00, Matmut Atlantique)
Mércores 22 de xuño
Suecia – Bélxica (21:00, Allianz Riviera)