Primeiro Equipo

Nolito: asistencia, gol e España a oitavos da EURO 2016

RC Celta

nolito-esptur-euro16.jpg

 

Nolito tivo un protagonismo maiúsculo no triunfo da Selección Española ante Turquía, unha vitoria que supón a clasificación automática aos oitavos de final do EURO 2016 a falta dun partido para pechar a fase de grupos. O atacante andaluz asistiu a Morata no primeiro gol de España e asinou o segundo. Morata volveu marcar para pór o 3-0 definitivo. Nolito, unha das sensacións desta edición do campionato europeo, disputou o partido ao completo.

 

Peor sorte tivo a Suecia de John Guidetti. O dianteiro sueco xogou titular ante Italia e foi substituído no 85, tres minutos antes de que a selección transalpina anotase ‘in extremis’ o gol da vitoria (1-0).

 

Próximos partidos

Croacia-España (martes 21, 21:00, Telecinco)

Suecia-Bélxica (mércores 22, 21:00, uefa.com)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas