Hemeroteca celtismo

O celtismo comeza a ataviarse para unha tempada histórica

RC Celta

camisetas220616a.jpg

 

As novas camisetas do RC Celta para a tempada 2016/17 xa están á venda na tenda oficial de Balaídos. Ao longo do día, decenas de afeccionados acudiron ao establecemento do club vigués para ser os primeiros en adquirir algunha das novas pezas e, ademais, ser elixidos para participar nunha experiencia única. Os primeiros 50 celtistas que adquiriron algunha das elásticas pousarán coas novas camisetas nunha sesión de fotografía profesional e optarán a compartir protagonismo xunto aos futbolistas do primeiro equipo nun catálogo de produtos da tenda.

 

camisetas220616b.jpg

 

Os abonados que dispoñan do carné 2016/17 beneficiaranse dun desconto exclusivo do 10% sobre o prezo final das súas compras na tenda de Balaídos, un aliciente máis para tramitar o abono da nova tempada canto antes. Deseñadas por adidas, as novas camisetas poden adquirirse na tenda do estadio de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, na tenda oficial do Celta no Corte Inglés de Vigo e proximamente en www.tiendacelta.com

 

camisetas220616c.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas