Primeiro Equipo

O prazo para abonarse con condicións especiais amplíase ante a extraordinaria resposta do celtismo

RC Celta

colaabonados290616

 

Tanto os despachos de billetes de Balaídos como a web oficial han rexistrado nos últimos días un constante crecemento na xestión de abonos para a ilusionante e histórica tempada 2016/17. Ante esta extraordinaria resposta do celtismo á Campaña de Abonados, o club amplía unha semana o prazo para beneficiarse das condicións especiais.

 

Os afeccionados que non puideron tramitar o seu carné durante o mes de xuño teñen unha nova oportunidade para aproveitar o 5% de rebaixa nas renovacións, acumulable ao desconto familiar ou accionista, e a exención de suplementos en partidos designados como ‘Días do Club’ tanto en renovacións como en novas altas.

 

Ademais, a Campaña de Abonados 2016/17 ofrece a posibilidade de financiar o carné en cómodas cotas de até 12 meses con tan só presentar o DNI e un xustificante de titularidade de conta de calquera entidade bancaria, unha opción que foi recibida con especial agrado por moitos dos afeccionados que xa xestionaron o seu abono.

 

Durante esta semana de ampliación das condicións especiais os despachos de billetes do estadio permanecerán abertas en horario continuo de 09:00 a 20:00 horas de luns a venres. A web www.celtavigo.org/taquillaCelta permite realizar altas e renovacións do ‘Abono Total’ (Liga, Copa e Europa League) en calquera momento e desde calquera lugar, sen ter que desprazarse ao estadio.

 

 

Toda a información sobre a Campaña de Abonados aquí

 

Abónate online aquí

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas